generamos

Desde os comezos, sustentamos o noso éxito no desenvolvemento do mundo rural sobre a base do respecto polo medio –do que dependen todas as nosas actividades– procurando o máximo benestar animal. Como mostra do noso compromiso coa sociedade e os consumidores, os nosos granxeiros coidan con esmero dos animais para garantir que se crían nas mellores condicións.

En 2007 e grazas a este esforzo, fomos a primeira empresa española que obtivo o prestixioso selo Freedom Food, outorgado por The Royal Society For the Prevention of Cruelty to Animals, que acredita o cumprimento dos máis esixentes parámetros de benestar animal na crianza do Polo de Curral.

A preocupación polo benestar animal é un dos piares básicos da nosa actividade. Ano tras ano, realizamos importantes investimentos en todas as nosas producións gandeiras. De feito, adiantámonos en moitas ocasións á aplicación de normativas sobre benestar animal.

Estas son algunhas das principais accións que levamos a cabo para coidar dos nosos animais:

– Promovemos que o espazo do que gozan os animais sexa superior ao esixido pola normativa europea.

– Fomentamos as producións criadas ao aire libre, como o Polo de Curral ou o Porco Selecta alimentado con castañas. Ademais, en 2011 adoptamos unha decisión pioneira na produción de ovos e eliminamos as gaiolas en todas as nosas granxas, de xeito que os ovos que producimos proceden de galiñas criadas en liberdade e con saída ao campo.

– Nas nosas granxas, a temperatura está regulada cun control informático para se axustar ao estado ideal de cada animal.

– As granxas de porcino contan tamén con xoguetes ou música clásica para elevar o benestar dos animais.

– Só empregamos as mellores materias primas na a alimentación baseada en cereais e soia para os animais.