CoñécenosFORMACIÓN

generamos

O Grupo Coren conta cun amplo programa de formación, dirixido fundamentalmente a socios do Grupo Coren e a empregados das súas granxas ou industrias. En 2015, desenvolveu 103 actividades de formación, cun total de 1.569 participantes e 15.391 horas impartidas. O programa inclúe accións no ámbito agrogandeiro e actividades das industrias agroalimentarias, ademais de cursos de formación xeral en áreas como a xestión, os idiomas ou o cooperativismo, entre outras.

Neste sentido, e co obxectivo de formar profesionais de alto nivel no sector agroalimentario, Coren vai implantar dous novos programas de Mestrado:

– Mestrado Coren en Xestión e Comercialización de Empresas Alimentarias

– Mestrado Coren en Xestión de Empresas Gandeiras.

Estes programas permiten adquirir as competencias necesarias para un desempeño profesional de alto nivel en empresas agroalimentarias. É por ese motivo polo que se imparten mediante un sistema dual que ofrece non só formación teórica, senón tamén práctica con traballo en empresas do Grupo Coren.