CoñécenosRESPETO MEDIOAMBIENTAL

generamos

O medio ambiente é un obxectivo prioritario para a cooperativa, xa que representa parte fundamental no desenvolvemento das súas actividades e, por tanto, desexa contribuír na consecución dun desenvolvemento sostible.

O compromiso medioambiental de Coren concrétase nos seguintes puntos:

– Cumprimento exhaustivo da lexislación ambiental como actitude coherente aplicable á actividade empresarial de Coren.

– Incorporación de criterios de xestión, dirección e produción comprometidos co medio ambiente. Compromiso coa adopción de medidas necesarias para evitar calquera risco de contaminación ambiental.

– Redución do consumo de recursos naturais, entre os que cabe destacar a redución do consumo de auga.

– Unha redución nos consumos de fuel e, por tanto, unha redución de emisións sistémicas. Prevese unha parada técnica indefinida do foco asociado ao consumo de fuel. A enerxía subministrada polo antedito foco será xerada mediante unha nova caldeira de biomasa.

– Eficiencia enerxética no consumo de gas a través da colocación de economizadores que respondan a un uso responsable das enerxías.

– Redución na produción de residuos perigosos a través da eliminación de actividades que os xeran.

Coren tamén colabora no programa "Life Regenera Limia", que ten como obxectivo recuperar os valores medioambientais da comarca da Limia, compatibilizándoos co desenvolvemento da actividade agrogandeira que alí realiza.

Ademais, Coren promove a recuperación dos montes comunais que sufriron incendios para os dedicar á cría de vacún en extensivo e igualmente promove a recuperación de bosques de castiñeiros para producir castaña destinada á alimentación dos porcos da gama Selecta.