CoñécenosRESPONSABILIDAD SOCIAL

generamos

Coren é unha empresa responsable e comprometida coa sociedade. Por iso desexa contribuír ao seu desenvolvemento coa realización de diversos programas de mellora.

Nas súas actividades sociais cabe destacar a colaboración de Coren con máis de 30 entidades, como organizacións non gobernamentais, comedores sociais, parroquias… No ano 2015, aportou máis de 32,5 toneladas de alimentos –procedentes tanto das súas industrias como das súas tendas Coren Grill– que distribuíron entre os beneficiarios dos seus programas de acción social. Segundo os datos aportados por estas entidades, os produtos aportados benefician a máis de 60.000 persoas.

Ao mesmo tempo, Coren colabora con entidades protectoras de animais, ás que en 2015 lles aportou 143.200 quilos de produto destinados á alimentación.