• Coñécenos
  • Grupo Coren

CoñécenosGrupo Coren

primer_grado

Cooperativa de cooperativas

Coren é unha cooperativa de segundo grao, é dicir, unha cooperativa de cooperativas

Os produtores das diversas actividades (avicultura de carne, posta de ovos, porcino, vacún ou coellos) asócianse en cooperativas de primeiro grao, que están integradas por un total de 3.200 socios (os granxeiros). Á súa vez, estas intégranse en Coren mediante o réxime cooperativo, por iso é unha cooperativa de segundo grao ou "cooperativa de cooperativas"

Esta estrutura permite que tanto os cooperativistas como o equipo de Coren se impliquen de modo directo na xestión. Eles son os máximos interesados en lograr a maior calidade en cada fase do proceso produtivo cunha xestión socialmente responsable, claves do "modelo Coren".

Mapa de industrias

mapa_industrias

Centros de procesado

1. Centro de procesado avícola

Centro de procesado avícola
En Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) atópase o noso Centro de Procesado Avícola (CPA), onde se sitúan tamén as oficinas centrais do Grupo. No recinto traballan máis de 1.000 persoas. O complexo ten 50.000 metros cadrados de superficie cuberta e supuxo un investimento de 120 millóns de euros. Pola súa magnitude, vangardismo e tecnoloxía punta é un dos máis avanzados da Unión Europea.

2. FRIGOLOURO-CENTRO DE PROCESADO DE PORCINO

Centro de procesado avícola
O Centro de Procesado de Porcino de Coren atópase no Porriño (Pontevedra) e conta con máis de 700 traballadores. Nestas instalacións tamén está situada a Planta de Conservas e Precociñados, na que se elaboran máis de 50 referencias adaptadas a todos os gustos.

3. Novafrigsa-centro de procesado de vacún

En Lamablanca (Lugo) atópase o Centro de Procesado de Vacún do grupo, Novafrigsa, que conta con máis de 300 traballadores. Nel canalízase a produción de vacún das granxas, así como a elaboración de friames e cocidos. No recinto tamén se atopan os Secadoiros de Xamóns con capacidade para 700.000 pezas ao ano.

4. CLASIFICADORA DE OVOS

Centro de procesado avícola
Nesta industria, situada no Polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) realízase a clasificación por tamaños dos ovos procedentes das explotacións avícolas de posta dos cooperativistas de Coren, previamente á súa comercialización. Coren produce exclusivamente ovos campeiros (procedentes de galiñas criadas ao aire libre e alimentadas a base de cereais, principalmente millo) e ovos ecolóxicos.

Centros de incubación

Centro de procesado avícola
Coren conta con tres centros de incubación: o Centro Tecnolóxico de Incubación (Parque Tecnolóxico de Galicia, Ourense) e dúas incubadoras, unha en Taboadela (Ourense) e outra en Morón (Sevilla). Neles incúbanse os ovos procedentes das granxas de poñedoras do Grupo, permanecendo durante 21 días desde a súa posta ata o nacemento dos animais e o seu traslado á granxa para a cría.

Coren agroindustrial

Centro de procesado avícola
Ás dúas Fábricas de Pensos (I e II) que Coren posúe no Polígono de San Cibrao das Viñas de Ourense, súmanse as de Bonxe e Bretoña na provincia de Lugo, a de Dumbría na da Coruña e a de Benegiles na de Zamora. Nelas empréganse materias primas da máis alta calidade para a elaboración dos pensos. Con estas seis fábricas, Coren garante a subministración inmediata ás granxas propias e a clientes de pensos situados en toda a xeografía galega.

Plantas de co-xeración

Coren conta con cinco plantas de co-xeración para subministrar enerxía de xeito eficiente ás súas principais industrias: dúas en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), dúas no Polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) e unha en Lamablanca (Lugo).

Suministros Coren (SUMICOR)

Sunmicor
Centraliza a oferta de produtos e servizos técnicos para os cooperativistas do grupo e clientes externos: construción de granxas, servizos veterinarios, farmacia, ferraxaría, material agrogandeiro…

LABGALIA

labgalia
No Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) atópase o Laboratorio Galego de Innovación Agroalimentaria que dá servizo a todas as empresas do grupo. Nel desenvólvense labores de I+D.

GESUGA

gesuga
Xestora de Subprodutos de Galicia é unha empresa participada por Coren que se dedica á recollida e transformación de subprodutos animais.

Sociedades comerciales

Coren Grill é a cadea de comida para levar do Grupo Coren, na que se poden atopar os mellores produtos da cooperativa. Son produtos cociñados con esmero seguindo as receitas tradicionais para que cheguen frescos e saborosos á mesa do consumidor. É a opción perfecta para aqueles que dispoñen de pouco tempo pero que non queren renunciar ao sabor da tradición e a unha alimentación equilibrada.

Os establecementos Coren Grill contan cunha ampla variedade de pratos preparados, entre os que destacan os tradicionais asados –co Polo de Curral como produto estrela– xunto á costela de porco Selecta de porco alimentado con castañas. A oferta complétase con callos, ensaladas, empanadas, pan e unha ampla gama de sobremesas. Todos os produtos que ofrece Coren Grill son elaborados con ingredientes 100% galegos, completamente naturais e da máxima calidade.

Coren Grill conta cunha ampla rede de tendas por toda Galicia, incluíndo dous establecementos de estilo gourmet. Na rúa Bedoya de Ourense atópase a tenda referente do Grupo. Nela pódense atopar todas as gamas de produtos Coren –tanto frescos como curados, elaborados e asados– en presentacións especialmente seleccionadas ou en cortes especiais, coma os de estilo xaponés. Ademais, ofrece servizos especiais aos clientes, como o xamón cortado a coitelo por cortadores especialistas de Coren ou a preparación de caterings. Coren Grill tamén conta con outra tenda de liña gourmet na Rúa Andrés Muruais de Pontevedra. A cadea está desenvolvendo un plan de expansión para implantar novos establecementos do modelo gourmet no resto de Galicia e no noroeste peninsular.

coren_grill

Galsa

galsa

En 1984 creouse esta sociedade comercial para facer chegar os produtos Coren a todo o ámbito nacional.

Hoxe en día, a través de Galsa e das súas sociedades e distribuidores, o Grupo Coren está presente en todos os mercados nacionais e internacionais. Ten delegacións propias en Ourense, A Coruña, Vigo e Madrid.

Lourinho

galsa

En 1990, constitúese Lourinho, empresa coa que Coren inicia o seu desembarco en Portugal, con instalacións en Vila do Conde (Porto).

A proximidade xeográfica, unida ás magníficas relacións de Galicia co norte portugués foron os motores que impulsaron a instalación de Coren en Portugal xa que, poucos anos máis tarde, Lourinho abre unha planta de distribución en Lisboa para ter unha maior e máis rápida capacidade de resposta para a crecente demanda do mercado portugués.