CoñécenosQuenes somos

presidente

Estimados clientes e amigos:

Ofrecer produtos da máxima calidade foi o obxecto do noso traballo en Coren desde o seu nacemento hai xa máis de 50 anos. Esta procura constante da excelencia foi a clave que nos permitiu medrar ata nos situar como a maior cooperativa agroalimentaria de España. Coren é hoxe un grupo líder, un referente nos mercados de avicultura, porcino e vacún.

Coren pon todo o seu empeño en satisfacer os consumidores garantíndolles que levamos á súa mesa os mellores produtos. Por iso, en Coren fomos pioneiros en implantar sistemas de trazabilidade que avalan a completa seguridade na cadea alimentaria e aplicamos exhaustivos controis de calidade en cada fase do proceso produtivo.

Os nosos animais críanse en condicións de máximo benestar e avogamos tamén por unha produción agrogandeira sostible que compatibilice o desenvolvemento do sector co máis absoluto respecto polo medio ambiente.

Todos os produtos Coren son 100% galegos: producímolos e industrializámolos exclusivamente en Galicia. Isto non é incompatible coa nosa vocación de crecemento, a cal nos levou a buscar unha ampla presenza nos mercados de todo o mundo. Na actualidade, os nosos produtos comercialízanse en máis de media centena de países dos cinco continentes.

En Coren cremos firmemente no cooperativismo, no que todos os socios participan nunha xestión socialmente responsable e no que as persoas prevalecen sobre o capital. Mais o éxito do “modelo Coren” non sería posible sen o esforzo das máis de 6.000 familias que formamos parte da cooperativa. Quero aproveitar para lles agradecer o seu compromiso con este proxecto. Este é un esforzo ao que se suma a colaboración dos nosos provedores e a fidelidade dos nosos clientes, que nos dan pulo para mellorar día a día.

Grazas por confiar en Coren.

Misión e valores

Xeramos riqueza de modo sostible sendo altamente competitivos e mantendo a nosa unidade.

valores

Bienestar animal
Bienestar animal Innovación Calidad Trazabilidad Compromiso con el entorno

Bienestar animal

Crianza dos animais co máximo benestar.

Anticipación na aplicación de normativas europeas sobre benestar.

En cifras

generamos

Alimentos de Galicia

Cada día, máis de 6.000 familias se erguen cun compromiso: que todo o seu traballo estea ao servizo dos consumidores e do sector agroalimentario, garantindo en todo momento o compromiso con Galicia, o entorno, a innovación, a trazabilidade e o benestar animal. Alimentando cada día a miles de familias con produtos 100 % galegos con máis de 50 anos de confianza.

Quienes somos