• Os nosos productos
  • Polo de curral

Polo de curral

Alimentación 100% vexetal cun mínimo de 70% de cereais, sendo o millo o 50%.

En 1995, puñamos en marcha a produción de polo de curral, un produto de valor engadido co sabor tradicional de toda a vida.

En Coren fomos pioneiros na recuperación da crianza tradicional en condicións de máximo benestar. Os polos teñen a posibilidade de saír ao aire libre polos campos galegos e de se criar totalmente libres de estrés, ademais de recibir unha alimentación completamente vexetal a base de millo. Son as claves para ofrecer o sabor e a textura de sempre.

Transcorridos máis de vinte anos, seguimos colocados como o primeiro produtor de polo de curral de España e continuamos co noso obxectivo de difundir os valores de crianza, alimentación tradicional e o sabor de toda a vida.

O polo de curral é o auténtico polo campeiro criado en Galicia por granxeiros de Coren en granxas con saída ao aire libre e alimentación 100% vexetal baseada principalmente no millo.

Máis de 200 granxeiros crían estes polos de raza pura de campo, baseándose na sustentabilidade da poboación rural.

RAZÓNS QUE O FAN DIFERENTE

Alimentación 100% vexetal cun mínimo de 70% de cereais, sendo o millo o 50%.
Campo galego
Raza seleccionada de crecemento lento.
Goza dun sabor único!
As nosas bandexas y Polo de Curral enteiro Consulta o catálogo de produtos aquí
Podes atopar os produtos nos teus centros habituais.

Introduce o teu código postal

A NOSA RECEITA

Risotto de polo de Curral con cogomelos

Receita de Elena Boso Quintas do Restaurante Vila Real. Rúa Vila Real, Ourense.

Receita de Elena Boso Quintas do Restaurante Vila Real. Rúa Vila Real, Ourense.

pechuga-entera

O risotto de polo é un dos xeitos máis ricos de cociñar este prato italiano tan saboroso. Explicámosche como o facer de maneira sinxela.

SABÍAS QUE?

A RAZA, A CRIANZA EN CONDICIÓNS DE BENESTAR E A ALIMENTACIÓN CONTRIBÚEN A CREAR PRODUTOS ÚNICOS DE EXCEPCIONAL SABOR E TEXTURA

  • A calidade dos produtos de curral está certificada por SGS e Galicia Calidade.
  • Todas as nosas granxas son de pequeno tamaño e están situadas no sur da provincia de Ourense.
  • Hai máis dunha centena de granxeiros asociados á cría de polo de curral de Coren.
  • No polo de curral de Coren, a súa característica cor amarela procede da inxestión diaria de millo.
  • O polo de curral é dunha raza especialmente seleccionada para que sexa campeiro.
  • O polo de curral críase en granxas onde se dispón de polo menos 1 metro cadrado para cada un.