• Os nosos productos
  • Ternera gallega

Ternera gallega

Ternera gallega COREN. Productos de IGP, ternera gallega de terneros nacidos y criados en Galicia

Bandejas ternera gallega

Consulta o catálogo de produtos aquí
Podes atopar os produtos nos teus centros habituais.

A NOSA RECEITA

Rosbif de Ternera Gallega

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

productoscoren_0003_objeto-inteligente-vectorial

SABÍAS QUE?

A INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA TERNERA GALLEGA AMPARA E CERTIFICA DÚAS TIPOLOXÍAS DE CARNE DE TENREIRA:

TERNERA GALLEGA SUPREMA

É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións tradicionais ligadas ao medio con vacas nai de aptitude cárnica. Nelas existe unha especial simbiose nai-tenreiro-entorno controlada polo manexo e bo facer dos gandeiros galegos baseándose no aproveitamento dos recursos propios da explotación e no particular coidado dos animais. Os tenreiros de Suprema diferéncianse en que a base da súa alimentación é a lactación materna, a cal se mantén practicamente ata o seu sacrificio, complementada con forraxes colleitadas na explotación e concentrados de cereal da máxima calidade.

TERNERA GALLEGA

É a carne que procede dos tenreiros que se crían en explotacións e cebadeiros de carácter familiar, seguindo as pautas tradicionais de ceba de vacún en Galicia, en unidades produtivas de reducida dimensión e con man de obra propia. Os tenreiros destétanse a distintas idades e a súa alimentación baséase nas forraxes e nos concentrados vexetais. Para a súa produción, está expresamente prohibido e debidamente controlado que non se empreguen subprodutos ou derivados animais reciclados, nin tampouco ningunha substancia que poida interferir no ritmo normal de crecemento e desenvolvemento dos animais.