Receitas Coren

Albóndegas en salsa española

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Aprende a preparar albóndegas con esta receita que combina carne e vexetais. Non hai dúbida de que sorprenderás os teus comensais.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1/2 kg carne picada de tenreira
  • 1/2 kg carne picada de porco
  • 2 ovos de Curral
  • Allo
  • Pirixel
  • Sal
  • 3 rebandas de pan da véspera remolladas en leite
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Para facer a salsa: 1 cebola, 1 pemento verde, 1 pemento vermello, 2 dentes de allo, 1 cenoria, 1 vaso de tomate natural triturado, 1 vaso de viño branco, 2 vasos de caldo de ósos de xamón, 2 culleradas de fariña, 1 presada de carne picada de tenreira.

Preparación

1)Comezarase coa salsa. Para tal fin, pocharase a cebola picada e o allo en láminas nunha cazola. Cando comece a se dourar, engadiranse os pementos e a cenoria en taquiños pequenos. Refogarase todo e engadirase a presada de carne picada, a carne dos osos do xamón (se se fixo o caldo) e unha pouca de fariña. Deixar que coza todo un pouco e 5 minutos despois engadir o tomate triturado, o vaso de viño e o caldo e pasar todo polo batedor ata que quede un prebe homoxéneo.

2)Nunha cunca, porase a carne, o allo, o sal e o pirixel (previamente machucados nun morteiro), os ovos e o miolo do pan ben decorrido. Remexerase todo ben e, unha vez que se poida traballar coa mestura, comezaranse a facer as albóndegas, selándoas ao rematar coa fariña para que non se desfagan.

3)Cando xa estea lista a salsa, nunha pota á parte, douraranse as albóndegas con aceite de oliva para, unha vez que estean feitas, pasalas á cazola coa salsa e deixalas cocer entre 15 e 20 minutos a lume baixo.

Presentacion

Pódense presentar as albóndegas nunha fonte metalizada redonda coa salsa acompañándoas. Como gornición, un arroz branco nunca falla.