Receitas Coren

Ás de polo de Curral crocantes con alioli

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: baixo

Ensinámosche como preparar un petisco para ti ou para os teus invitados. Toma nota.

Receita elaborada por David Rodríguez.
Restaurante O Pazo de Canedo
Estrada de Castro de Beiro. 
Quintela, Ourense.

Receita elaborada por David Rodríguez. Restaurante O Pazo de Canedo Estrada de Castro de Beiro. Quintela, Ourense.

Ingredientes

  • 10 ás de polo de Curral
  • Ovo
  • Marmelo
  • Panko (pan raiado xaponés)
  • Allos
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Desosaremos as ás de polo de Curral deixando o oso e xuntando a carne cara unha beira dándolle a forma dun Chupa Chups.
2.Pasaremos as ás por fariña, ovo e panko e reservaremos.
3.Saltearemos o marmelo cun pouco azucre e aceite de oliva.
4.Nun vaso mesturador, engadiremos un ovo e un dente de allo, cubrirémolo con aceite e bateremos ata obter unha salsa cremosa.
5.Fritiremos as ás en abundante aceite ata que queden crocantes e escorrerémolas.

Presentacion

Colocaremos nun prato as ás crocantes e nunha beira o alioli de marmelo.