Receitas Coren

Ás de polo ao forno con salsa barbacoa

Tiempo de preparación: 90 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

Propoñemos unha versión de ás de polo máis saudable. Neste caso, decantámonos por as facer ao forno acompañadas ademais dunha salsa barbacoa caseira.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • Ás de polo ou xamonciños (8 ás ou 4 xamonciños)
  • Ketchup (250 gr)
  • Zume de laranxa (100 ml)
  • Salsa de soia (1 cullerada)
  • Mel (50 gramos)
  • Allo en po (1/2 cullerada)
  • Cebola en po (1/2 cullerada)
  • Xenxibre
  • Vinagre (50 ml)
  • Azucre (50 gr)

Preparación

1.O primeiro que prepararemos será a salsa. Para o facer, mesturaremos todos os ingredientes (excepto o polo) nunha pota ata que empece a ferver. Deixaremos a pota a lume lento durante aproximadamente 25 minutos ata que espese a salsa.

2.Colleremos unha cunca e botaremos unha pouca salsa para colocar dentro as ás de polo. Debemos enchoupalas ben para que collan todo o sabor. Se che resulta máis doado, pódeste axudar dunha brocha para chegar aos recunchos máis difíciles.

3.Unha vez enchoupadas, deixarémolas repousar arredor de 45 minutos.

4.Poremos a quecer o forno a 180º e meteremos as ás nunha bandexa durante 30 minutos máis. É necesario estar pendentes para lles dar a volta a medida que vaian estando feitas.

5.Unha vez que estean ben crocantes, sacarémolas do forno e acompañarémolas co resto da salsa que previamente fixeramos.

Presentacion

Se queres que a túa presentación sexa perfecta, podes acompañar as ás cunhas verduras á prancha ou cunhas patacas gaxo ao forno.
Non deixes que arrefríen as ás. O mellor momento para degustar este prato é acabado de facer.