Receitas Coren

Espeto de polo con verduras

Tiempo de preparación: 45 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Un prato san e cheo de cor.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • Peituga de polo en tacos
  • Pemento verde
  • Pemento amarelo
  • Cabaciña
  • Cebola
  • Especias para espetos (optativo)
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

1. O primeiro que faremos será cortar as hortalizas en anacos non moi grandes para que nos queden proporcionais no espeto.
2. Despois iremos pinchando un anaco de peituga, outro de pemento, outro de cebola, outro de cabaciña e así sucesivamente ata completar o pauciño.
3. O seguinte que faremos será preparar a prebe. Se hai a quen non lle guste, pode quedar sen ela.
4. Esta prebe pódese preparar como se queira: aceite con especias para churrasco, aceite con tomiño ou romeiro, etc.
5. Acto seguido, colocaremos os espetos nunha bandexa de xeito que queden ben repartidos e botarémoslles por riba a prebe.
6. Débese deixar macerar a prebe (recoméndase facelo a noite anterior).
7. Para rematar, poremos os espetos sobre a grella e iremos dándolle voltas ata que estean ben feitos e queden douradiños por fóra.

Presentacion

Pódese acompañar os espetos cunhas patacas chips ou cun arroz salvaxe.