Receitas Coren

Capón recheo ao champaña

Tiempo de preparación: 100 minutos

Comensales: 7/8 persoas

Nivel: medio

Propomos unha deliciosa receita para este Nadal co noso capón galego Coren como protagonista.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 capón de Coren
  • 100 gr de manteiga de porco
  • 2 dentes de allo
  • 1 botella de champaña
  • 1/2 kg de mazás
  • 250 gr de ameixas secas
  • 350 gr de champiñóns
  • 150 ml de nata
  • Coñac
  • Manteiga
  • Sal
  • Pementa

Preparación

1.Comezarase por remollar as ameixas en auga para que hidraten.
2.Escoller a metade das mazás e lavalas.
3.Pór nunha cazola a manteiga de porco cos dentes de allo e, cando o lume estea quente, dourar alí mesmo primeiro as ameixas e despois os 250 gramos de mazás.
4.Mentres se doura todo, pódese aproveitar para limpar ben o capón, xa que este será o seu recheo.
5.Unha vez que o capón estea limpo, comezar a enchelo engadíndolle tamén á mestura unha bóliña de manteiga, sal, pementa e unha copiña de coñac.
6.Coser o capón cun cordel para lle dar unha boa feitura e engadir sal e pementa por fóra.
7.Agora é momento de dourar o capón no forno e, con el, unha mazá pelada e cortada en tiras. O forno deberá estar a unha temperatura aproximada de 180º e o tempo de asado será duns 80 minutos.
8.Unha vez que o capón estea dourado, regalo co champaña e deixalo no forno a lume baixo ata que se desprendan as ás.
9.Mentres tanto, só queda preparar a salsa batendo ou espremendo a mazá (deixando dúas ou tres láminas para a gornición) xunto coa nata líquida e os champiñóns laminados e branqueados.

Presentacion

Pódese presentar o capón nunha fonte e como gornición poden ir as láminas de mazá asada xunto cunhas patacas asadas con pel.