Receitas Coren

Cebiche de polo de Curral e gambas

Tiempo de preparación: -

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

Se vos gusta probar receitas orixinais, animámosvos a que cociñedes este delicioso cebiche de polo de Curral.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 gr. de peituga de polo de Curral
  • 10 gambas frescas
  • 2 aguacates
  • 6 limas
  • 2 tomates
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • Sal
  • Pementa
  • Allo
  • Coandro
  • Preparación

Preparación

1.Comezaremos cortando as peitugas de polo en dados.
2.Unha vez que estean cortadas, espremeremos as 4 limas e mesturaremos o polo co zume.
3.Pelaremos as gambas e mesturarémolas con todo o anterior deixando repousar todo durante 2-3 horas.
4.Pasado este tempo, picaremos os aguacates co resto das hortalizas (tomates, cebola, pemento vermello e pemento verde) e mesturaremos todo.
5.Deixaremos macerar a mestura durante dúas horas, botarémoslle sal e pementa ao cebiche ao noso gusto e listo.

Presentacion

Ofrecémosvos dúas alternativas para unha boa presentación.
1) Podemos partir un tomate á metade, baleirar as dúas partes e enchelo coa mestura do cebiche.
2) Temos a opción de facer unha cama de follas de leituga cortadas en tiras finas e poñer o cebiche por riba delas.
Que aproveite!