Receitas Coren

Cinta de lombo de porco Selecta con queixo do país fundido, crema de espinacas e tomates cherry

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

¿Coñecedes a nosa carne de porco Selecta alimentado con castañas? Presentamos unha receita saudable e moi saborosa.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 600 g de cinta de lombo de porco Selecta
  • Espinacas
  • Pataca
  • Tomate cherry
  • Allo
  • Romeiro
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Queixo do país

Preparación

1)Comezaremos preparando o adobo para o lombo de cerdo nun morteiro. Cada quen ao seu gusto. Nós farémolo cunha chisca de aceite e de sal.
2)Mentres adobamos o lombo, poremos a quentar o forno a 180-200º e deixarémolo entre 20-25 minutos.
3)Para facer a crema de espinacas, coceremos unha pataca e cando estea practicamente cocida, escaldaremos as espinacas. Porémolo nun vaso e trituraremos ata conseguir unha crema homoxénea.
4)Unha vez que estea a cinta de lombo feito, escaldaremos tamén os tomates e confeitarémolos con aceite, 1 dente de allo e romeiro.

Presentacion

Podemos presentar o noso lombo nun prato de lousa, engadindo un pouco de crema de espinacas na base, por riba o lombo fileteado co queixo fundido e os tomates cherry nunha beira.