Receitas Coren

Cocido galego

Tiempo de preparación: 130 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: fácil

Presentámosche o prato estrela. Un delicioso cocido feito cos mellores ingredientes.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • ½ kg de garavanzos
  • Grelos, verzas ou repolo (á nosa elección)
  • ½ cachucha
  • ½ kg de patacas galegas
  • ½ lacón aireado Selecta
  • 4 chourizos Selecta
  • 1/2 xarrete de tenreira
  • Auga
  • Sal

Preparación

1.O primeiro que debemos ter en conta é que tanto o lacón como a cachucha deberán estar en remollo durante un día e medio antes de facer o cocido, cambiando un par de veces a auga.
Faremos o mesmo cos garavanzos, pero abondará con medio día de antelación.
2.Nunha pota de tamaño grande poremos auga no lume e cando empece a ferver engadiremos os garavanzos, a cachucha, o lacón e a carne de tenreira.
En canto aos chourizos, hai quen tamén os engade neste paso ou quen os coce á parte; queda á túa elección.
3.Deixaremos que coza todo durante un par de horas aproximadamente e salgaremos cando leve unha hora no lume.
4.Pasado este tempo, retiraremos a carne para unha fonte e cortarémola ao gusto.
5.Noutra pota, coceremos o repolo ou a verdura que escolleramos xunto coas patacas enteiras e os chourizos por riba, no caso de que queiramos que vaian á parte. Pasados 20 minutos, sacaremos os chourizos e 10 minutos despois a verdura e as patacas.

Presentacion

Podemos presentar o noso cocido en fontes diferentes: unha para a carne e os chourizos e outra para a verdura, os garavanzos e as patacas.

E xa estamos listos para este manxar!