Receitas Coren

Espetos de polo de Curral con verduras

Tiempo de preparación: 90 minutos

Comensales: 3/4 persoas

Nivel: ácil

Para un aperitivo ou unha cea diferente, presentámosche estes deliciosos espetos combinados con verduras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 peitugas de polo enteiras
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 cabaciña
  • Para o aderezo: 1 limón, pementa negra, sal, romeiro, tomiño, allo, pirixel e aceite de oliva virxe extra.

Preparación

1. Comezarase por facer o aderezo engadindo nunha cunca todas as especias ao gusto xunto co limón espremido, o allo, o pirixel e o aceite de oliva. Para un sabor máis intenso, recomendámosche que a teñas feita cunhas 5 ou 6 horas de antelación.

2.Cortaranse as peitugas en tacos pequenos e deixaranse macerar na mestura polo menos 1 hora.

3. Mentres se deixa o polo macerar, poderase comezar a picar as verduras. Recomendámosche que os pementos e a cebola os piques en anacos grandes que che permitan atravesar o palillo. A cabaciña pícaa en toros non moi grosos.

4. Unha vez que se teñan as verduras cortadas e o polo estea macerado, acenderase o forno a 170º e montaranse os espetos pondo alternativamente polo, pemento vermello, pemento verde e cabaciña. Remata os espetos sempre cun anaco de polo.

5. Nunha bandexa de forno introduciremos os espetos e deixaranse facer entre 25-30 minutos, deixándoos torrados e ben crocantes.

Presentacion

Coloca os espetos nunha bandexa e acompáñaos de algo fresquiño, como unha ensalada de cóengos ou de pasta.