Receitas Coren

Xamonciño de pavo asado con pataca bóla e tomates cherry

Tiempo de preparación: 65 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: fácil

Presentámosche unha receita ao forno na que a carne de pavo che resultará zumenta e tenra. Perfecta para te lucires cun bo asado.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 xamonciños de pavo
  • 6 patacas grandes
  • 12 tomates cherry
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa
  • Pirixel
  • Allo

Preparación

1.O primeiro que se fará serán as patacas bóla. Para tal fin existe un utensilio chamado baleirador de patacas ou culler parisienne que se pode atopar en calquera ferraxería ou tenda de obxectos de cociña. Pelaranse as patacas e comezaranse a facer círculos para extraer as patacas bóla.

2.O seguinte paso será sazonar os xamonciños para o que se porá nun morteiro un chorro de aceite, unha presadiña de sal, 4 dentes de allo cortados finos, pirixel e unha chisquiña de pementa e machucarase a mestura ata que sexa uniforme.

3.Porase a prequecer o forno a 180º.

4.Unha vez que se teña o aliño preparado, untaranse os xamonciños para que se impregnen ben coa mestura e introduciranse nunha bandexa de forno durante 50 minutos á mesma temperatura e cun chorriño de aceite por riba.

5.A media cocción, introduciranse as patacas bóla cunha pouca de auga para que se asen no zume que soltan os zancos.

6.Por último, uns minutos antes de retirar todo, introduciranse os tomates cherry para lle dar o toque final.

Presentacion

En prato branco, farase unha ringleira alternando patacas e tomates e a un lado o zanco de pavo co seu zume.