Receitas Coren

Solombo Selecta con prebe de castaña

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

Presentamos un solombo de porco doado de preparar cunha salsa suculenta na que o resultado será un prato delicioso.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 solombo de porco Selecta (400 gr. aproximadamente)
  • 1/2 cebola
  • 1 porro
  • 2 dentes de allo
  • 100 gr. de castañas
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva
  • Brandy

Preparación

1)Comezarase por pelar as castañas e por pólas a ferver uns 12 minutos aproximadamente. Cando pase este tempo, deixaranse arrefriar e quitaráselles a segunda pel que levan.

2)Antes de preparar o solombo, pódese preparar esta deliciosa gornición: pasta con pemento e cenoria. Cortaranse as verduras en tiras finas e ferveranse xunto cos tallaríns entre 10 e 15 minutos.

3)Mentres se coce a pasta coa gornición, pódeselle botar sal e pementa ao solombo. Nunha tixola cun chorro de aceite poranse os dous dentes de allo golpeados e sen pelar e dourarase a peza de solombo (previamente cortada ao gusto).

4)Cando o solombo estea dourado, regarase cun chorro de brandy e deixarase a tixola a lume baixo uns minutos. Cando se evapore un pouco a salsa, apartarase a tixola do lume e prepararase a salsa.

5)Nunha tixola cun chorro de aceite, engadirase a cebola e o porro en anacos. Unha vez que o sofrito estea listo, mesturarase coas castañas en anacos e engadirase un vaso de auga e un pouco de sal. Deixarase cocer todo uns 7-8 minutos e despois pasarase a mestura polo batedor ata que quede un prebe homoxéneo.

Presentacion

Porase nun prato un pouco do prebe de castaña co solombo enriba e o acompañamento da pasta coas verduras nun prato á parte.