Receitas Coren

Costela de porco Selecta ao forno con salsa barbacoa e patacas Deluxe

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

Coñeces as nosas carnes Selecta? Presentamos un delicioso prato de costela á grella que non te vai deixar indiferente seguro.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 tira de costela (700 gr aproximadamente)
  • 3 patacas grandes
  • Maicena
  • Pemento en po
  • Comiño
  • Aceite
  • Sal
  • Pirixel
  • Para a salsa barbacoa: allo, cebola, pemento vermello e verde, tomate, chile e salsa de soia.

Preparación

1.Untaremos a tira de costela co aliño de aceite, sal e pirixel feito previamente nun morteiro e co forno prequentado a 190º.
Colocarémola nunha bandexa cun chorriño de aceite, deixándoa durante 50 minutos aproximadamente para que quede crocante e zumarenta no interior.
2.Mentres se asa a costela, prepararemos a salsa barbacoa.
3.Para a salsa, douraremos os allos e a cebola, engadiremos os pementos asados co resto de ingredientes (a metade dun chile e a salsa de soia) e trituraremos a mestura, resultando nunha salsa untuosa.
4.Unha vez feita a salsa, coceremos as patacas enteiras con pel, cortarémolas lonxitudinalmente, pasarémolas pola maicena e fritirémolas cun pouco de comiño e pemento en po.
5.Pasados os 50 minutos, e se a costela está zumarenta e ben feita por dentro, poderemos retirala do forno.

Presentacion

Podemos servir nun prato un anaco de costela coas patacas cortadas e un pouco de prebe á beira do prato.