Receitas Coren

Costeleta de pavo con salsa de pementa e patacas palla

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: fácil

Unha receita sinxela e exquisita para calquera padal. Toma nota.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 12 costeletas de pavo
  • 3 patacas medianas
  • 200 ml de nata para cociñar
  • 1 cebola pequena
  • ½ pastilla de caldo concentrado
  • 1 cullerada de pementa verde
  • 1/2 vasiño de viño branco
  • Panko (pan raiado xaponés)
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Sal

Preparación

1.O primeiro que faremos será preparar a nosa salsa á pementa. Para iso picaremos a cebola finiña e saltearémola na tixola cun chorro de aceite e sal durante 5 minutos aproximadamente.
2.Acto seguido, desfaremos cos dedos a pastilla de caldo enriba da tixola e engadiremos o viño branco deixando que se evapore o alcohol.
3.Finalmente, engadiremos a nata e a cullerada de pementa verde deixando que espese todo a lume lento durante 5 minutos.
4.Sazonaremos as costeletas e fritirémolas na tixola polos dous lados.
5.Engadiremos a salsa de pementa e ferveremos todo un pouco.
6.Á vez que facemos isto, pelaremos as patacas e picarémolas en tiras moi finas para despois fritilas.