Receitas Coren

Paleta de porco Selecta asada ao forno con verduras

Tiempo de preparación: 150 minutos

Comensales: 4/5 persoas

Nivel: medio

Se queres sorprender os teus invitados cunha presentación espectacular, toma nota desta receita de paleta de porco Selecta.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • Paleta de porco Selecta (2,7 kg)
  • 1 cabaciña
  • 2 cenorias
  • 1 pemento vermello
  • 6 espárragos trigueiros
  • Aceite
  • Allo
  • Sal
  • Pementa branca

Preparación

1.Comezarase por preparar o aderezo da paleta cortando os allos moi finos e engadíndoos xunto co aceite, o sal e a pementa branca nun morteiro.

2.Unha vez que estea a mestura feita, unta toda a peza e déixaa macerando uns minutos, reservando un pouco de aderezo.

3.Pon a quecer o forno a 180º e introduce a paleta. Se tes unha cazola de barro, o resultado será perfecto. No fondo da cazola, pon o aderezo que sobrou.

4.Unha vez que a paleta estea no forno, sube a temperatura a 200º e deixa que se faga durante unhas 2 horas observando cada media hora se é necesario untalo cun pouco máis de salsa.

5.Mentres a paleta está no forno ferve a cenoria e pasa na prancha os espárragos trigueiros, o pemento cortado en tiras finas e a cabaciña previamente laminada.

6.Unha vez que a paleta estea feita, retíraa do forno e lamínaa ao gusto.

Presentacion

Para que o prato quede perfecto, coloca en primeiro lugar as láminas de paleta e, para a gornición, envolve as láminas de cabaciña coa cenoria, o pemento e os espárragos trigueiros no seu interior previamente cortados en anacos.
O resultado, delicioso!