Receitas Coren

Empanada de polo de Curral con pemento vermello

Tiempo de preparación: 100 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Unha deliciosa empanada de polo de Curral e pementos. Para unha comida informal ou un aperitivo. Explicámosche os pasos:

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 gr de fariña
  • 450 gr de peituga de polo de Curral
  • 1 sobre de lévedo
  • 2 pementos vermellos asados
  • 2 cebolas medianas
  • 3 tomates
  • 1 ovo de Curral
  • Pementa
  • Pirixel
  • Aceite
  • Sal

Preparación

1.Comezaremos preparando a masa para a empanada. Poremos a fariña nun mesado, facendo un círculo no centro para botar un chorriño de aceite, a auga, o sal e o lévedo e mesturaremos todo amasando lentamente ata conseguir unha masa homoxénea e elástica coa que poidamos traballar.
2.Unha vez que teñamos a masa feita, faremos unha bóla, apartarémola e deixarémola repousar 40 minutos.
3.O seguinte que faremos será a gornición para a empanada. Cortaremos a cebola en xuliana, moi fina, e porémola a fritir nunha tixola. Unha vez que estea ben pasada, engadiremos o polo cortado previamente en taquiños non moi grandes.
4.Agora é o momento de estender a masa dividíndoa en dúas partes: unha será a parte de abaixo e a outra a tapa ou parte de arriba.
5.Colocaremos a parte de abaixo nunha bandexa de forno cuberta con papel especial para enfornar. Podes engraxar un pouco o papel para que non se pegue. Sobre esta parte, botaremos o sofrito de cebola e polo.
6.Picaremos o tomate e os pementos moi finos e engadirémolo tamén á gornición.
7.Colocaremos a parte de arriba co outro anaco de masa pechando ben os bordos para a selar e cunha brocha de cociña, pintaremos a empanada co ovo.
8.Para finalizar, prequentaremos o forno a 200º e pasados 15 minutos, meteremos a empanada a 180º deixándoa 25-30 minutos. Vixía ben o tempo do forno xa que se require menos tempo ás veces.

Presentacion

Sacaremos a empanada do forno e deixarémola temperar para servir sobre unha bandexa ríxida de cartón cun mantel de papel branco, por exemplo.