Receitas Coren

Ensalada de polo de Curral crocante

Tiempo de preparación: 20 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: baixo

Hoxe traemos unha receita sinxela e saborosa, fácil de preparar e cunha mestura de sabores interesante.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 zancos de polo desosados
  • Leitugas variadas
  • Pan raiado groso
  • 1 mazá
  • 250 gr de queixo feta
  • Sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Comezaremos cortando o polo en anacos o máis uniformes posible e non demasiado grandes; botaremos sal e pementa e rebozarémolos no pan raiado.
2.Nunha tixola, fritirémolos con aceite de oliva extra e reservarémolos.
3.Pelaremos e cortaremos a mazá e o queixo en cubiños e xa poderemos empratar.

Presentacion

Sobre a cama de leitugas, colocaremos a mazá e o queixo e salgaremos. Engadiremos o polo e aliñaremos con aceite, vinagre e unha chisca de sal. Tamén se pode aliñar cunha salsa de maionesa, mostaza ou zume de limón.