Receitas Coren

Espeto de segredo de porco Selecta sobre verduras salteadas

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: baixo

Aprende a preparar espetos de porco con verduras con esta rica e doada receita.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • Segredo de porco Selecta
  • 1 pemento vermello grande
  • 2 pementos verdes
  • 1 cabaciña
  • Cabaza
  • Brotes tenros
  • Para macerar a carne: 3 dentes de allo, pirixel, un chorro de aceite e sal.

Preparación

1.Nun morteiro, picaremos os dentes de allo, o pirixel, unha presa de sal e un chorriño de aceite e machucarémolo todo. Se che apetece, podes engadirlle un chisco de pementa moída para lle dar un toque diferente.
2.Cando teñamos o prebe preparado, cortaremos o segredo de porco en dados non moi grandes e prepararemos os espetos para a grella. Intenta que os anacos sexan o máis uniformes posible. Botaremos prebe ao gusto e deixarémolo mentres preparamos a gornición.
3.Nunha tixola, prepararemos as verduras salteando os pementos e a cabaciña e coceremos a cabaza (arredor duns 20 minutos).
4.Unha vez que as verduras estean na tixola, xa podemos pór os nosos espetos de segredo de porco na grella e deixar que se fagan ben polos dous lados.

Presentacion

Podes presentar este prato colocando unha base de verduras no prato, o espeto enriba e rematando cuns brotes tenros.