Receitas Coren

Espetos de polo con vinagreta de aguacate

Tiempo de preparación: 20 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

Presentamos unha receita sinxela, saudable e moi do verán.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 3 peitugas de polo de Curral
  • 1 limón
  • 2 tomates
  • 400 gr. de piña
  • Sal
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Para a vinagreta: 1 aguacate, 1 allo, ¼ dunha cunca de aceite de oliva, 4 culleradas de vinagre de viño, o zume de 1 limón, 2 culleradas de azucre, sal e pementa.

Preparación

1)O primeiro que faremos será mesturar nunha cunca o limón, o aceite e o pirixel.
2)Cun coitelo ben afiado, cortaremos as peitugas de polo de Curral en dados e deixarémolas macerar xunto á mestura na cunca.
3)Para facer a vinagreta, extraeremos a polpa do aguacate cunha culler, licuarémola cun pouco de vinagre e mesturaremos o resto de ingredientes: allo, aceite de oliva, zume de limón, azucre, sal e pementa.
4)Unha vez que a peituga estea macerada, espetarémola cos dados de piña e pasarémola pola grella arredor dun minuto por cada lado.

Presentacion

Serviremos o espeto sobre un toro groso de tomate e salsearemos coa vinagreta que fixemos previamente.