Receitas Coren

Espetos de solombo de pavo crocantes

Tiempo de preparación: 25 minutos

Comensales: 3 personas

Nivel: fácil

O pavo é unha carne lixeira, sa e completa. Nesta proposta dáselle un toque crocante con cereais.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 700 gr de solombo de pavo
  • 2 claras de ovo
  • Cereais corn flakes (normais ou integrais)
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Leitugas variadas: folla de carballo, eiruga, iceberg…
  • Noces
  • Queixo azul.

Preparación

1. Comezarase cortando o solombo en tacos cadrados. Sazonaranse cun chisco de sal e cravaranse nos espetos.

2. Bateranse as dúas claras de ovo e pasaranse os espetos polas claras rebozándoas finalmente cos cereais. Hai dúas opcións: empregar os cereais enteiros ou machucalos un pouco previamente.

3. Nunha tixola con aceite de oliva virxe extra quente, colocaranse os espetos ata que estean dourados. Recoméndase non pór o lume moi alto para que non queden crus por dentro e queimados por fóra.

Se se quere probar novas receitas, tamén se pode rebozar os espetos con quicos ou millos fritidos previamente machucados.

4. Mentres se friten, prepararase unha ensalada cos diferentes tipos de leituga e engadiráselle unhas noces previamente peladas, un pouco de queixo azul, un chorriño de aceite e vinagre ou limón, dependendo do gusto de cada un.

Presentacion

Empratarase colocando dous ou tres espetos e unha manchea da ensalada nunha beira.