Receitas Coren

Estufado de polo de Curral con fabas

Tiempo de preparación: 140 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: medio

Comeza a tempada dos pratos de culler. Hoxe traemos esta deliciosa proposta de fabas con polo de Curral.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 gr de polo de Curral desosado
  • 400 gr de fabas
  • 4 espárragos trigueiros
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 pemento vermello
  • 200 gr de champiñóns
  • 100 gr de touciño
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Comezaremos preparando o caldo de polo. Para facelo, nunha cazola incorporaremos o aceite e os ósos de polo e deixarémolo uns 15-20 minutos aproximadamente.
2.Paralelamente mentres se prepara o caldo, encheremos o polo co touciño, dourarémolo nunha tixola e reservarémolo.
3.Podemos utilizar esa mesma tixola na que faremos o sofrito das verduras (cebola, cenoria, pemento vermello e champiñóns) previamente cortadas en taquiños pequenos.
4.Unha vez que estea o sofrito feito, engadiremos o caldo e as fabas e deixaremos cocer todo durante unha hora a lume baixo.
5.Para rematar, engadiremos os anacos de polo recheo, os espárragos trigueiros cortados á metade e deixaremos cociñar durante 40 minutos máis, engadindo sal ao gusto.

Presentacion

Podes servilo nun prato fondo con salsa abundante e decorar con ceboliño picado ou algunha outra herba aromática.