Receitas Coren

Filloas de Entroido

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Xunto ás orellas, as filloas representan unha das sobremesas máis típicas do Entroido en Galicia. Explicámosche como preparar esta receita de filloas galegas para que poidas deleitar os teus convidados.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • ½ litro de leite
  • 3 ovos de curral de Coren
  • 200 gr de fariña
  • 75 cl de auga
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 chisca de sal
  • Un anaco de touciño
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Un chorriño de anís (opcional, para os que lles gusta o sabor máis doce).

Preparación

1.Primeiro mesturarase o leite, os ovos, a auga, o azucre e o sal nunha cunca e baterase ata que a masa sexa homoxénea.
2.O seguinte paso será peneirar a fariña pouco a pouco e mesturar todo para que a fariña se xunte correctamente coa masa e non quede grumo ningún.
3.Engadirase un chorriño de aceite na mestura e continuarase remexendo.
4.Deixarase repousar a masa arredor de 15 minutos; o seguinte paso será preparar as filloas. Moitos galegos teñen unhas tixolas especiais chamadas filloeiras nas que se poden facer varias á vez pero, de ser a primeira vez, é mellor ir unha por unha.
5.Nunha tixola (que non se pegue), untarase un pouquiño de touciño e botarase un chorro de aceite. Cando estea quente, verterase a masa cun cullerón dos que se empregan para as potaxes no centro da tixola.
6.Unha vez que a mestura estea na tixola, deberanse facer movementos circulares para que a masa se estenda correctamente. A idea é que quede unha capiña final que cubra a base da tixola.
7.Cando as beiras empecen a se dourar é momento de lle dar a volta. Pódeste axudar cunha espátula para que non rache.
8.Non te preocupes se as primeiras saen mal, é normal que rachen ou se queimen. Seguro que as seguintes che sairán perfectas.
9.As filloas pódense encher as ao gusto: nata, chocolate, crema… Hai infinidade de variedades para as converter nunha sobremesa especial.