Receitas Coren

Lacón Selecta con grelos

Tiempo de preparación: 145 minutos

Comensales: 5/6 persoas

Nivel: fácil

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 1 lacón enteiro Selecta
  • 6 chourizos Selecta
  • 8/9 patacas grandes
  • 2 Kg de grelos.
  • Aceite

Preparación

1. O primeiro que faremos será poñer a desalgar o lacón enteiro sen a pata durante 72 horas, cambiándolle a auga cada 12 horas.
2. Unha vez desalgada a carne (á hora de facer un prato coma este temos que prever este proceso previo), limparemos o lacón e porémolo a cocer nunha pota con auga que o cubra.
3. Ás 2 horas, retiraremos o lacón e utilizaremos ese mesmo caldo para cocer as patacas e os chourizos.
4. 10 minutos antes de que estean as patacas cocidas, engadiremos os grelos moi ben lavados e cortados previamente en anacos.
5. Cando todo estea cocido, engadiremos o lacón 3 ou 4 minutos para lle dar o toque final de temperatura.

Presentacion

Emprataremos por unha banda os grelos, as patacas e os chourizos e noutra fonte, cortaremos o lacón ao noso gusto.