Receitas Coren

Magret de pato con salsa de viño tinto

Tiempo de preparación: 25 minutos

Comensales: 1/2 persoas

Nivel: medio

Receta elaborada polo equipo Coren

Receta elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • -1 magret de pato (350 g aprox.)
  • -1/2 cebola
  • -1/2 vaso de viño tinto
  • -1 cullerada de maicena
  • -Manteiga
  • -Sal
  • -Pementa negra

Preparación

1.Nunha tixola, botaremos media cullerada de manteiga e esperaremos a que queza ben.
2.Cando estea suficientemente quente, colocaremos o noso magret de pato e cociñarémolo volta e volta ata que estea ao noso gusto. Recorda facer uns cortes na pel en forma de rombo para que se cociñe axeitadamente.
3.Paralelamente, noutra tixola botaremos outra media cullerada de manteiga e fritiremos a cebola previamente cortada en tacos moi pequenos. Cando estea ben pochada, retirarémola e nesa mesma tixola engadiremos o viño e un par de culleradas de maicena, remexendo para que non quede espesa e con grumos.
Se a salsa che resulta demasiado forte, podes rebaixala cun pouco de auga.
4.Engadiremos a cebola na salsa e botaremos sal e pementa ao gusto.

Presentacion

Podemos cortar o magret de pato en tiras finas e acompañalo cuns espárragos trigueiros á grella ou cunhas hortalizas salteadas.