Receitas Coren

Orella de porco guisada

Tiempo de preparación: 60 minutos ( desalar previamente durante 24 horas)

Comensales: 4 personas

Nivel: fácil

Recipe by Coren Team

Recipe by Coren Team

Ingredientes

  • 600 g orella de porco aireada Selecta
  • 5 cabezas de allo
  • 1 cebola
  • 1 cullerada de pemento
  • 1 cullerada de fariña (millo ou trigo)
  • Pementa
  • Sal
  • Chile (á túa elección)
  • 3 follas de loureiro
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Comezarase cocendo a orella con dúas follas de loureiro. Se tes unha pota a presión con 15-20 minutos chegará, se non, déixaa un chisco máis.
2.Mentres coce, prepararase o sofrito. Para tal efecto, picarase a cebola en xuliana e o allo en lascas e deixarase nunha cazola cun chorro de aceite ata que se empece a dourar a cebola, mais sen apenas coller cor.
3.O seguinte paso, co lume baixo, será engadirlle ao sofrito a cullerada de fariña e de pemento e remexer todo.
4.Unha vez que a orella estea cocida, cortarase en anacos ao gusto e mesturarase na cazola. Botar sal ao gusto e deixar a lume baixo uns 20 minutos. Se lle queres dar un toque picante, pódeslle engadir un chile.
5.Unha vez guisada, retirarase da cazola a un prato e engadirase caldo ao gusto.

Presentacion

Para lle dar un toque tradicional, pódese presentar nunha cazola de barro e decorala coa folla de loureiro restante e botar un chisquiño de caldo por riba.