Receitas Coren

Ossobuco de Porco Selecta con castañas

Tiempo de preparación: 80 minutos

Comensales: 6 persoas

Nivel: medio

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 1 Kg de ossobuco de porco Selecta
  • ½ Kg de castañas peladas
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 2 cenorias
  • 2 dentes de allo
  • 1 porro
  • Fariña de trigo
  • 2 vaso de viño tinto
  • 2 vasos de caldo de ósos
  • Pemento doce moído
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1. O primeiro que faremos será enfariñar a carne.
2. Nunha cazola co fondo con aceite de oliva, douraremos a carne e, unha vez que estea feita, retirarémola e escoaremos o aceite.
3. Poremos na mesma cazola todas as verduras (previamente ben picadas) co allo e botamos sal ao gusto.
4. Acto seguido engadiremos os tomates picados e incorporaremos de novo a carne co viño e o caldo, engadindo tamén unha cullerada de pemento moído.
5. Deixaremos cocer todo durante 45 minutos e incorporaremos as castañas peladas.
6. Esperaremos outros 30 minutos, deixando reducir un pouco a salsa e o noso prato estará listo para servir.

Presentacion

Podemos colocar a nosa receita nunha cazola de barro botándolle un pouco pirixel por riba.
Como acompañante, sirve o prato con arroz cocido.