Receitas Coren

Ovos de Curral escalfados con chícharos e xamón

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: medio

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 g de chícharos
  • 3/4 ovos
  • 1 taco de xamón Serrano
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1 vaso de caldo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Sal
  • Pementa branca
  • Para a salsa de tomate (4 tomates maduros, 1 cebola doce, aceite e sal)

Preparación

1.Podes preparar a salsa de tomate previamente e gardala nun tarro de cristal. É moi sinxelo: pela os tomates, cóceos durante uns 30 minutos e, unha vez que estean cocidos, tritúraos co batedor eléctrico.
Mentres se friten os tomates, refoga a cebola nunha pota durante 10 minutos e despois volve triturar toda a mestura engadíndolle sal e azucre para conseguir a mestura perfecta. Unha vez que teñas a salsa feita e fría, podes reservala nun tarro, mellor de cristal.
2.Por unha banda, ten preparada unha pota para cocer os chícharos en auga durante 6/7 minutos (retíraos despois dese tempo) e, por outra, ten preparada unha tixola con aceite para refogar o allo e a cebola picados finamente. Unha vez que estean dourados, engade tamén o xamón, o pemento e o viño e deixa ferver todo durante 3 minutos.
3.Pasado este tempo, agrega o tomate que se fixo previamente xunto cos chícharos e o caldo.
4.Por último, reparte a gornición en tres cazolas de barro e casca os ovos dentro dela.
5.Co forno quente, introduce as cazolas ata que vexas que as claras callaron e a xema está bastante líquida.