Receitas Coren

Paella de tacos de pavo, feixóns e alcachofas

Tiempo de preparación: 45 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 400 g de pavo
  • 100 g de feixóns
  • 3 alcachofas frescas
  • 320 g de arroz
  • 1 cenoria
  • 1/4 de pemento vermello
  • 1 cullerada de salsa de tomate
  • Aceite de oliva
  • 1 chisca de colorante
  • Sal

Preparación

1.Cun coitelo afiado, cortaremos o pavo en tacos e picaremos a cenoria, o pemento e o porro.
2.Poremos una paelleira ao lume con aceite de oliva e douraremos primeiro a cenoria, o pemento e o porro e uns minutos despois, o pavo.
3.Cando vexamos que colle cor, incorporaremos o arroz e refogaremos todo.
4.Engadirémoslle a auga ao caldo (1 vaso e ½ de auga por cada vaso de arroz), a salsa de tomate, un chisco de colorante, os feixóns previamente cortados en anacos e as alcachofas limpas e tamén en anacos.
5.Unha vez que comece a ferver, cociñamos a lume lento durante aproximadamente 15-20 minutos.