Receitas Coren

Pan torrado con espinacas e ovo de Curral fritido

Tiempo de preparación: 20 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

Unha receita deliciosa e sinxela para degustar como aperitivo ou primeiro prato.

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 300 gr de espinacas
  • 2 rebandas de pan
  • 2 dentes de allo
  • 1 cullerada sopeira de vinagre
  • 2 ovos de curral de Coren
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

1.Poremos auga nunha pota e cando estea fervendo, engadirémoslle o sal e as espinacas. Unha vez cocidas, debemos asegurarnos de que soltan toda a auga cando as escorramos.
2.Poremos nunha tixola un chorro de aceite e unha vez quente, fritiremos o pan polos dous lados.
3.Unha vez retirado o pan, poremos os dentes de allo na mesma tixola e despois dun par de voltas, engadiremos as espinacas durante un par de minutos.
4.Ao mesmo tempo, noutra tixola máis pequena con bastante aceite, fritiremos os dous ovos ata que queden ao noso gusto.

Presentacion

Por último, e para que quede ben empratado, colocaremos a rebanda de pan no fondo do prato, coa cama de espinacas por riba e o ovo fritido como toque final.