Receitas Coren

Pavo asado á laranxa

Tiempo de preparación: 150 minutos

Comensales: 8 persoas

Nivel: medio

O pavo é un dos pratos máis tradicionais do Nadal. Propómosche unha receita deliciosa cun toque cítrico.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 pavo de Coren
  • Pirixel
  • Pementa negra
  • Romeiro (8 ramiñas)
  • Sal
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Para untar o pavo: medio vaso de zume de laranxa, a reladura dunha laranxa, 200 g de manteiga sen sal, 2 culleradas de romeiro.
  • Para facer a salsa: 1 cebola, 1 allo, 2 follas de loureiro, 2 toros de laranxa, 350 ml de caldo de polo.

Preparación

1.O primeiro paso para comezar esta rica receita será preparar a manteiga de laranxa. Aconsellamos preparala 1 ou 2 días antes para que repouse e teña moito mellor sabor. Facela é moi simple. Débense xuntar todos os ingredientes (vaso de zume, reladura de laranxa, manteiga e romeiro) e despois bater ou triturar. Se a manteiga está moi dura, pódeselle dar un toque no microondas para que se desfaga e sexa máis doada de triturar.
2.Unha vez que se teña a mestura feita, pódese reservala na neveira un ou dous días.
3.Pór a prequecer o forno a 180º e unha vez que o pavo estea limpo, sazonar o interior con sal, pementa e as follas de romeiro engadindo un chorriño de aceite de oliva.
4.Coa salsa que se preparou con anterioridade, utilizar media cunca para aliñar o pavo.
5.Na bandexa do forno cortar a cebola fina, os allos, o loureiro e os toros de laranxa e pór por enriba o pavo.
6.Deixar que se faga todo entre 1h15 e 1h30 a uns 150º. Cando leve a metade do tempo, engadir o resto da salsa sobre a pel do pavo.
7.Unha vez que estea listo, retirar as cebolas, os allos e os toros de laranxa da bandexa e mesturar todo co pavo para conseguir unha salsa fina.

Presentacion

Pódese colocar o pavo nunha fonte, rodeándoo de laranxas frescas cortadas e cunhas ramiñas de romeiro por enriba, ademais dalgunha outra froita como uvas vermellas e brancas.