Receitas Coren

Xamonciños de pavo recheos de mazás e ameixas

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: medio

O pavo é unha das carnes máis sas e saborosas se se sabe cociñar correctamente. Hoxe traemos unha mestura de carne e froitas que seguro que non deixará ninguén indiferente.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 xamonciños de pavo
  • 3 mazás
  • 12 ameixas verdes
  • Aceite
  • Sal

Preparación

1.O primeiro que faremos será desosar os xamonciños, salgalos e, no sitio do óso, colocar a mazá e a ameixa previamente picadas.
2.Poremos a quecer o forno a 180º mentres pechamos os xamonciños coa axuda duns espetos. Unha vez que estean pechados, meteremos a bandexa no forno cun chorriño de aceite e asaremos os xamonciños arredor de 50 minutos.
3.Cortaremos a mazá sobrante en anacos e dourarémola nunha tixola.
4.Pasados os 50 minutos, sacaremos os xamonciños do forno, retiraremos os espetos e cortaremos os xamonciños á metade.

Presentacion

Podes colocar nun prato os xamonciños xunto cos anacos de mazá. Ademais, podes acompañalo todo cun arroz basmati.