Receitas Coren

Peituga de pavo á grella con pasta fresca salteada con albaca

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 2/3 persoas

Nivel: baixo

Unha receita sinxela e sa. Explicamos como preparala nuns minutos.

Receita elaborada por el equipo Coren

Receita elaborada por el equipo Coren

Ingredientes

  • 600 gr de peituga de pavo.
  • 400 gr de pasta fresca (pode ser normal ou integral)
  • Follas de albaca
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Sazonaremos a peituga ao gusto e nunha tixola cun chorriño de aceite para que non se pegue, farémola á grella.
2.Paralelamente, mentres se fai a peituga, ferveremos a pasta nunha pota cun chorriño de aceite e sal. Ao ser pasta fresca, abondará con 4 ou 5 minutos.
3.Cando a pasta estea fervida, retirarémola, e na mesma tixola na que fixemos o pavo previamente, picaremos as follas de albaca, remexerémolas cun pouco de aceite e verteremos a pasta a lume lento para que colla o sabor da albaca.

Presentacion

Colocaremos no prato a pasta salteada e os medallóns de peituga fileteada por riba.