Receitas Coren

Peituga de pavo rechea de uvas

Tiempo de preparación: 70 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: medio

Velaquí un xeito diferente de preparar o pavo cun recheo que lle dará un toque doce e delicioso.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 peza de peituga de pavo aberta
  • 500 gr de uva verde
  • 200 gr de améndoa picada
  • 2 dentes de allo
  • 50 ml de brandy
  • 20 gr de paprica
  • 200 ml de aceite de oliva
  • 20 gr de sal
  • 15 gr de pementa negra moída

Preparación

1.Nunha tixola porase a quecer o aceite, saltearase o allo (picado finamente), posteriormente a cebola e, por último, as améndoas e as uvas. Finalmente, incorporarase o brandy, sazonarase todo e reservarase.

2.Coa peituga de pavo aberta, encherase co salteado (unha vez que estea frío), envolverase ben para que non escape o recheo e tamén se reservará. Pódese coser para que quede totalmente selada.

3.O aceite sobrante do recheo mesturarase coa paprica e cubrirase a peituga con esta preparación.

4.Porase a prequecer o forno a 190º e introducirase a peituga tapada con papel aluminio nunha bandexa de forno uns 35 minutos aproximadamente.

5.Pasado este tempo, retirarase o pavo do forno, destaparase para revisar o estado de cocción da peituga, vernizarase cun pouco máis de aceite e introducirase outros 15 minutos máis para que remate de se dourar.

6.Unha vez pasado este tempo, servirase nunha bandexa e cortarase.

Presentacion

Pódese presentar sobre unha cama de espinacas ou unha gornición de verduras.