Receitas Coren

Peituga de polo de Curral á brasa

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

Existen multitude de xeitos de preparar o polo. Traémosche unha receita sinxela e saudable para o día a día.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 4 peitugas de polo de Curral
  • 4 espárragos verdes
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 2 patacas grandes
  • Para a salsa barbacoa: allo, cebola, pemento vermello e verde, tomate, chile e salsa de soia.
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Co forno posto a prequecer a 200º e cun chorro de aceite de oliva, comezarase por asar os pementos (previamente cortados en tiras) no forno durante 40 minutos aproximadamente. Unha vez que se metan no forno, pódese baixar o lume a uns 180º.

2.Para a salsa barbacoa, douraranse os allos e a cebola, engadiranse os pementos asados co resto de ingredientes (a metade dun chile e a salsa de soia) e triturarase a mestura, resultando nunha salsa untuosa.

3.Ao tempo que están os pementos no forno, daráselles un golpe de cocción aos espárragos cun chisco de sal para acto seguido pasalos pola prancha e reservalos.

4.Coa salsa barbacoa xa preparada, botaráselles sal e pementa ás peitugas de polo e bañaranse dentro da salsa barbacoa, selándoas na prancha volta e volta e introducíndoas no forno xunto os pementos cando a estes lles queden 10 minutos.

5.Para finalizar, nunha tixola con aceite quente, douraranse as patacas. Pódense cortar como se queira, pero para esta receita recoméndase facer patacas palla, cortadas en tiras moi finiñas.

Presentacion

Pódense cortar as peitugas de polo en medallóns e servilas xunto cos pementos, os espárragos e as patacas fritidas. A salsa barbacoa porase nunha salseira, á parte.