Receitas Coren

Peituga de Polo de Curral confeitada con crema de Mencía

Tiempo de preparación: 70 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: fácil

Traémosvos unha receita cunha preparación sinxela e cun resultado moi apetitoso.

Ingredientes

  • 2 peitugas de Polo de Curral enteiras
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 3 follas de loureiro
  • 10 graos de pementa negra
  • Para a crema: 1/2 litro de nata e 1 vaso de viño Mencía.

Preparación

1. Pomos nunha cazola a cebola, os allos, o loureiro e a pementa previamente cortados e engadimos as peitugas de polo de curral.
2. Cubrimos todo con aceite de oliva e cocemos a lume moi lento durante 1 hora aproximadamente.
3. Durante o tempo que está cocendo, aproveitamos para facer a crema co Mencía. Para preparala será tan sinxelo como reducir a nata co viño nunha tixola e conservala.
4. Unha vez que as peitugas confeitadas estean listas, cortámolas en medallóns e introducímolas na crema.
5. Fervemos todo durante 2 minutos e estará listo para empratar.

Presentacion

Para lle dar un toque informal, podemos acompañar as peitugas cunhas patacas chips.