Receitas Coren

Peituga de pavo con recheo de espinacas

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 2/3 persoas

Nivel: medio

Unha receita de peituga de pavo rechea orixinal que seguro lle gustará a todos os públicos.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 3 peitugas enteiras de pavo Coren
  • ½ Kg de espinacas
  • 300 gr. de touciño entrefebrado
  • 1 cebola grande
  • Salsa de tomate caseira (1 kg de tomate triturado, 1 cebola, 2 dentes de allo, 1 cullerada de pemento doce, sal, pementa, aceite de oliva)
  • Aceite de oliva
  • Sal

Preparación

1) O primeiro que se aconsella é preparar a salsa de tomate o día anterior para ser máis rápidos. Para facela, nunha tixola ou nunha cazola, botarase un chorro de aceite e a cebola e o allo previamente picados. Botaráselle sal e pementa a todo e cociñarase esta mestura durante 10 minutos. Unha vez que a cebola estea transparente, engadirase o tomate triturado, o pemento doce e unha chisca de azucre para quitar a acidez do tomate. Xa só quedará engadirlle algunha outra especia ao gusto e tapalo a lume lento para que se cociñe entre 50-60 minutos. Ao día seguinte estará delicioso.

2) Nunha tixola con aceite, refogarase primeiro a cebola cortada moi fina e o touciño entrefebrado cortado previamente en dados. Cando a cebola estea branda e transparente, incorporaranse as espinacas moi ben lavadas e picadas, saltearase todo durante 3 minutos e reservarase.

3) Abriranse as peitugas enteiras para facer filetes grandes e envolverase cada un nun film con dúas ou tres culleradas do compango, apertando ben cada paquete coma se fose un canelón. Farase un nó nas dúas beiras deixándoo con forma de caramelo.

4) Coceranse durante 10 minutos nunha pota con auga fervendo e sal. Unha vez cocidos, deixaranse arrefecer un pouco para lles sacar o film e pasaranse por unha tixola cun pouco de aceite para que collan cor.

Presentacion

Nun prato con algo de profundidade porase unha das peitugas envoltas cortada á metade cun pouco de arroz basmati para acompañar e regarase cunha pouca salsa de tomate posta a quecer previamente.