Receitas Coren

Polo de Curral asado ao romeiro con verduras

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 3/4 persoas

Nivel: fácil

O polo guisado é unha das receitas das que máis man se bota e, ademais, se se acompaña de verduras e aromas como o do romeiro, o resultado será espectacular.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 polo de Curral en anacos
  • 1 cebola branca
  • 1 cabeza de allo
  • 150 gr de tomates cherry
  • 1 cabaciña
  • Romeiro
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa negra moída

Preparación

1. Comezarase por pór a prequecer o forno a 170-180º e asegurándose de que o polo estea limpo.

2. O seguinte será botarlle sal, pementa e romeiro ao polo. Pódese levantar un pouco a pel do polo para que as ramas de romeiro queden fixas e o aroma sexa maior.

3. Nunha bandexa refractaria, engadirase o aceite, as cabezas de allo partidas á metade, os tomates cherry e o polo co sal e a pementa. Se se lle quere dar un toque diferente, pódese engadir un pouco de zume de limón. Aconséllase trinchar o polo para conseguir que quede perfectamente cociñado.

4. Deixarase o polo no forno uns 45 minutos ata que se vexa que a carne está dourada, para o que se aconsella que os últimos 5 minutos se suba a temperatura para lle dar un golpe de calor e conseguir que quede crocante.

Presentacion

Pódense servir dous anacos de polo diferentes (zanco e peituga) acompañados da gornición cunha folla de romeiro por riba.