Receitas Coren

Cazola de polo de Curral con mazá Golden

Tiempo de preparación: 60 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: medio

Deliciosa receita en cazola para un polo de Curral Coren cun toque de froita.

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 polo de Curral en anacos
  • 3 mazás Golden
  • 1 cebola grande
  • 1 vaso de viño branco
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

1.O primeiro será botarlle sal e pementa ao polo de curral en anacos. Podes pedirlle ao carniceiro que o corte se che resulta dificultoso.

2.Na cazola que se vaia empregar, farase unha cama de cebola cortada en xuliana e prenderase o forno a uns 180º.

3.Pasados 10 minutos, introducirase o polo xa aderezado enriba da cama de cebola e bañarase cun chorro de aceite de oliva e coa metade do vaso de viño.

4.Cando transcorran 15 minutos, incorporaranse á bandexa as mazás Golden cortadas en cuartos e sen o corazón xunto co resto do vaso de viño e deixarase asar todo arredor de 35 minutos.

5.Cando o polo estea asado, é dicir, cando se pinche e saia un zume rosado, case transparente, estará a cazola lista.

Presentacion

Nun prato, colocaranse no centro un par de anacos de polo coas mazás a un lado e as patacas ao outro.