Receitas Coren

Polo de Curral ao curry

Tiempo de preparación: 30 minutos

Comensales: 2 persoas

Nivel: fácil

O curry é un dos condimentos máis empregados hoxe en día. Mostrámosvos como facer este delicioso prato dun xeito rápido e sinxelo.

Receita elaborada polo equipo

Receita elaborada polo equipo

Ingredientes

  • 1 ou 2 peitugas de polo de Curral
  • 300 gr de arroz
  • 100 gr. de piña
  • 1 cullerada de curry en po
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 chorriño de viño branco
  • Nata para cociñar
  • Sal
  • Fariña
  • 1 cebola

Preparación

1.Nunha cazola, coceremos o arroz a lume lento con 3 vasos de auga fervendo, un pouco de caldo de polo ou media pastilla de caldo concentrado e unha chisca de sal.
2.Mentres coce o arroz, picaremos a peituga en dados uniformes, botarémoslle sal e pementa negra se che gusta e rebozarémola cun pouco de fariña.
3.Poremos unha tixola cun chorro de aceite, botaremos a cebola previamente picada e, acto seguido, os dados de polo.
4.Cando o polo estea feito, flamexarémolo co brandy, engadiremos o viño e deixarémolo reducir.
5.Para finalizar, engadiremos o curry, a piña cortada en anacos pequenos e mais a nata e deixarémolo pochando a lume lento tres minutos aproximadamente.

Presentacion

Emprataremos pondo sobre unha cama de arroz o polo e a piña coa salsa enriba.