Receitas Coren

Polo ecolóxico ao forno con verduras

Tiempo de preparación: 40 minutos

Comensales: 3 persoas

Nivel: medio

Presentamos unha receita saudable e apetitosa

Receita elaborada por Ángeles Rosas. Restaurante Pingallo. Rúa San Miguel, nº4 Ourense.

Receita elaborada por Ángeles Rosas. Restaurante Pingallo. Rúa San Miguel, nº4 Ourense.

Ingredientes

  • 4 zancos de polo
  • 2 patacas medianas
  • 3 cenorias
  • 1 cebola
  • 4 dentes de allo
  • ½ pemento vermello
  • Tomiño seco
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite

Preparación

1. Pomos na base dunha fonte para o forno as patacas cortadas en láminas de 1cm de grosor canda a cenoria en anacos, a cebola en tiras, os dentes de allo picados, o pemento verde e o vermello cortados tamén en tiras e sazonamos todo.
2. Colocamos enriba os zancos de polo, engadímoslle un chorro de aceite a cada un e sazonamos con tomiño seco.
3. Deixamos que se cociñe todo a uns 180º durante media hora, activando a función de calor no forno arriba e abaixo.
4. Pasado este tempo retiraremos o polo do forno e dámoslle a volta. Sazonamos de novo cun chisco máis de tomiño e volvémolo meter outros 25 minutos ata que vexamos que o polo está dourado.
5. Tendo a verdura como base e o polo enriba, conseguiremos que solte o zume e que se mesture coa verdura. Así teremos unha receita espectacular!

Presentacion

Podemos engadirlle á fonte unha presada de tomiño por riba. Daralle un toque de cor á nosa receita.