Receitas Coren

Pularda confeitada con cogomelos de tempada e lagostinos

Tiempo de preparación: 90 minutos

Comensales: 6/7 persoas

Nivel: medio

Traémosvos unha receita especial para estas datas de Nadal

Receita elaborada polo equipo de Coren

Receita elaborada polo equipo de Coren

Ingredientes

  • 1 pularda
  • Aceite de oliva
  • 3 dentes de allo
  • Loureiro
  • 1 pemento chile
  • 1 pemento vermello
  • 1 vaso de auga
  • 40 gr de boletos
  • 40 gr de níscaros
  • 150 gr de lagostinos
  • 1 vaso de coñac
  • 40 ml de nata
  • 150 gr de patacas chips

Preparación

1. O primeiro que faremos será prequentar o forno a 180º por uns minutos.
2. Unha vez que o forno acade a temperatura axeitada, sazonaremos a pularda ao gusto e colocarémola nunha bandexa deixando que se ase durante unha hora aproximadamente. Podemos baixar a temperatura a 150º para que quede o zume por dentro.
3. Mentres temos a pularda no forno, prepararemos o noso salteado de boletus e níscaros nunha tixola cun bo chorro de aceite de oliva.
4. Cando teñamos os cogomelos a medio facer, engadiremos os lagostinos pelados, a nata e o sal ao gusto e flambearemos todo o salteado cun bo chorro de coñac.
5. Unha vez consumido o alcol do coñac, xa teremos a gornición lista para degustar coa pularda.

Presentacion

Podemos colocar a nosa pularda nunha bandexa alongada cunhas follas de loureiro e a gornición nunha cunca separada para que cada un se sirva ao gusto.

Como toque informal, propómosche que acompañes o teu prato cunhas patacas chips.