Receitas Coren

Quiche de verduras con ovos de Curral

Tiempo de preparación: 50 minutos

Comensales: 4/5 persoas

Nivel: medio

A quiche é un prato típico francés que ten como ingredientes principais os ovos, o leite e a masa brisa e vai todo cociñado ao forno. Podes enchelo con infinidade de ingredientes. Nós propoñémosche un recheo a base de verduras.

Receita elaborada polo equipo Coren

Receita elaborada polo equipo Coren

Ingredientes

  • 1 lámina de masa brisa
  • 1 porro
  • 1 tira grosa de xamón Serrano
  • 125 g de cogomelos
  • 125 g de queixo raiado
  • 2 ovos de Curral
  • 200 ml (1 vaso) de leite evaporado
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal
  • Pementa
  • Pirixel
  • Unha chisca de noz moscada

Preparación

1.O primeiro será cortar o xamón en dados pequenos e saltealo nunha tixola xunto co porro e os cogomelos. Botaremos sal e pementa ao gusto.
2.Unha vez que estean refogadas as verduras, botarémoslle o pirixel picado por riba e pasarémolas a unha cunca.
3.Na mesma tixola, engadiremos o leite evaporado, os ovos cascados e botaremos sal e pementa. Por último, xuntaremos a noz moscada e o queixo raiado e bateremos toda a mestura un par de minutos. Cando estea ben batido, engadiremos as verduras e remexeremos todo.
4.Cubriremos un molde de torta coa masa brisa, pinchando a base varias veces cun garfo e apertando ben as beiras e verteremos a mestura.
5.30 minutos a 200-220º será suficiente para cociñar a quiche.
6.Podes reservar un pouco de queixo raiado para botarlle por riba 5 minutos antes de sacala do forno.
7.O tempo de forno pode oscilar entre 20 e 30 minutos, dependendo da potencia. É importante pór a quecer o forno 10 minutos antes de cociñar a quiche.

Presentacion

Podes servila no molde ou, unha vez que arrefríe un chisco, desmoldala e cortala en porcións.