Receitas Coren

Ragú de tacos de pavo

Tiempo de preparación: 45 minutos

Comensales: 4 persoas

Nivel: baixo

Ofrecemos unha receita deliciosa e fácil de preparar. A carne de pavo aporta proteínas de alto valor biolóxico e o seu alto valor en coláxeno fai que sexa moi dixestiva, polo que tamén se pode incluír na dieta infantil. Ademais, en Coren, ofrecémosche a bandexa de pavo xa cortada en finos tacos e preparada para cociñar.

Ingredientes

  • 500 g de pavo
  • 3 patacas medianas
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • Chícharos frescos ou conxelados
  • 1 tomate natural ou tomate frito
  • 1 vaso de viño de Xerez
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

1.Comezaremos picando as verduras en cadradiños pequenos.
2.Nunha pota con aceite quente, refogaremos as verduras comezando pola cebola e acto seguido o pemento vermello e verde.
3.A continuación engadiremos o tomate. Temos a opción de que sexa fresco (cortado igual có resto de verduras) ou frito (engadiremos 2 ou 3 culleradas).
4.Remexeremos ben para sacar os xugos do fondo da pota.
5.Cando as verduras comecen a estar douradas, engadiremos os tacos de pavo, as cenorias limpas e en anacos, os chícharos e as patacas cortadas.
6.Botarémoslle sal a todo (podes engadirlle pementa ao gusto) e regaremos co vaso de viño.
7.Cando se evapore o alcol, deixaremos todo 3 ou 4 minutos máis para ter a carne no seu punto.

Presentacion

No centro do prato colocaremos o ragú facendo unha torre mesturándoo coas patacas e verduras. Como toque final, podes engadir un pouco de romeiro ou algunha planta aromática que che guste.

Delicioso!